Uxío Broullón
deseño gráfico e ilustración
Ola, son deseñador gráfico e ilustrador
Levo máis de 25 anos traballando en distintos eidos do mundo do deseño gráfico, web e ilustración.
Creo, e manteño actualizadas, webs feitas con WordPress desde hai máis de 12 anos.
Son membro da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Habilidades
e competencias
Habilidades brandas: Fortalezas en adaptabilidade, comunicación e colaboración, probadas en proxectos sostibles a longo prazo.
Habilidades duras: Photoshop, Illustrator, InDesign, deseño web (principalmente co CMS WordPress).
Linguas: Competente en galego, español, portugués e inglés.
Comunicación: Podcasteiro desde 2006, e CM das súas correspondentes redes sociais.
Experiencia
Freelance
Deseñador web, gráfico e ilustrador
2012-actualidade, A Coruña
Traballo para axencias de publicidade e comunicación, ONG e clientes de perfís diversos.
Deseño gráfico (carteis e báners, deseño de marca, felicitacións e comunicacións con clientes).
Ilustracións e newsletters.
Creación e mantemento web e implementación de tendas en liña (WordPress-Woocommerce)
100×100 comunicación + creatividad
Deseñador gráfico no eido publicitario
abril-outubro 2011 , Santiago de Compostela
Grupo Acordar-Vieiros
Deseñador gráfico, ilustrador, editor de vídeo e coordinador do equipo de deseño web
2006-2009, Santiago de Compostela
Rótulos del Real
Coordinador do Departamento de Deseño e operador de plotter
2001-2005, Madrid
Xestor de orzamentos e pedidos. Operador de plotter de vinilo e impresión.
Rotuven
Coordinador do Departamento de Deseño e operador de plotter
1997-2001, Madrid
Xestor de pedidos e envíos. Deseñador de rótulos de neón e operador dun plotter de vinilo.
Formación
Escuela de Arte nº 10
Técnico Superior en deseño gráfico e ilustración
1996-1999, Madrid
Delvico Bates*
Prácticas de empresa en axencia de publicidade
1998, Madrid
*actualmente cunha denominación diferente
Fitos profesionais
Ilustración para a cuberta da edición galega do libro Mästerdetektiven Blomkvist, de Astrid Lindgren
O superdetective Blomkvist, Sushi Books (2023)
Ilustración para a exposición “1921-2021. 100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña”.
A Coruña, 2021 (Coruña Gráfica)
Cartel para o Festival Internacional de Curtas Curtocircuíto
2011
Ilustracións para o xornal dixital Vieiros.com
2006-2009
Proxectos persoais
areias:sonoras
2006-2009 e 2020-2022
Podcast experimental e persoal (un dos primeiros podcast producidos en galego).
C’mmons baby!
2007-2015
Podcast sobre músicas licenciadas baixo licenzas CC ou semellantes
Podgalego
2006-actualidade
Directorio/Web que recolle os podcast producidos en galego. Proxecto desenvolvido xunto con Isaac González.